COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Presentación do libro-disco SON ANIMAL

12abr18:30Presentación do libro-disco SON ANIMALPEQUECHOS| De balde 18:30(GMT+02:00) Libros para soñar

Detalles do eventos

O músico Paco Nogueiras recolle a banda sonora do noso medio rural no seu novo libro-disco, «Son animal», ilustrado por Marc Taeger e publicado por KALANDRAKA. Ambos os autores participarán nun concerto de presentación este venres, 12 de abril, a partir das 18:30 horas na libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo, 1) de Vigo. Tras «Brinca vai!», «Radio bulebule» e «Extra!», as doce cancións deste cuarto traballo musical teñen como protagonistas a animais domésticos como o can, o gato, a vaca, a galiña, o porco, o burro… e outros silvestres como a ra ou o grilo.

Máis

Hora

12 abril, 2024 18:30(GMT+02:00)

Localización

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events