REVISTA ABRIL

Presentación disco 'Emisión Electrónica'

14out21:30Presentación disco 'Emisión Electrónica'CONCERTOS | -21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Emisión Electrónica” é o novo traballo musical que presenta Modulador de Ondas (Paulo Pascual) en formato casete ( con código de descarga de audio). Para levar a cabo este quebracabezas sonoro, Pablo Muñiz súmase agora aos sintetizadores aportando un gran peso e carácter. 

A liña estilística da un xiro radical cara a música electrónica, experimental, bailable, lounge e o theremin integrase dun xeito máis puntual nun dialogo máis plural co resto da instrumentación.

Paulo Pascual é un dos poucos thereministas do Estado e o primeiro en lanzar un LP en 2018 con ese instrumento máxico como solista xunto a violonchelos, pianos e guitarras. O nome do primeiro LP de vinilo transparente foi Planeta Theremin.

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events