
Detalles do eventos
Dentro das actividades do Centro de Documentación Feminista o martes 14 de xuño Raquel C. Dopico estará presentando na biblioteca Juan Compañel o libro ‘Noticias da modernidade: a
Detalles do eventos
Dentro das actividades do Centro de Documentación Feminista o martes 14 de xuño Raquel C. Dopico estará presentando na biblioteca Juan Compañel o libro ‘Noticias da modernidade: a muller moderna na prensa galega dos anos 20’ (Galaxia, 2021).
Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución: as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non poden parar de falar de todo iso.
“A muller dos nosos días é inquieta e dinámica”, asegura unha crónica.
“Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido”, promete a protagonista dun poema.
Internarse nos medios galegos daquela permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época.
Máis
Hora
14 xuño, 2022 19:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual