
Detalles do eventos
O 9 de marzo, xoves, ás 20:00 horas, Santiago Macías presentará a nova edición do seu libro “El monte o la muerte”, editado por EOLAS. Xunto co autor,
Presentación de 'El monte o la muerte'
O 9 de marzo, xoves, ás 20:00 horas, Santiago Macías presentará a nova edición do seu libro “El monte o la muerte”, editado por EOLAS. Xunto co autor, intervirá o profesor, catedrático e membro da RAG, Xesús Alonso Montero.
‘El monte o la muerte’ é o relato da epopea, moitas veces sanguenta, da guerrilla antifranquista centrado na figura do máis lendaria dos seus integrantes, Manuel Girón. Tres lustros despois da primeira edición, Santiago Macías amplía con documentos inéditos e novos descubrimentos unha historia apaixonante que logrou nas edicións precedentes un gran éxito e segue sendo referencia para estudosos da posguerra. Pero, por sobre todo, trata de achegar luz a aquelas familias que aínda hoxe buscan información sobre os seus antepasados.
Xoves 9 ás 20h na libraría Cartabón.
Máis

(Xoves) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra