
Detalles do eventos
O próximo luns 6 de xuño ás 18.00 terá lugar no MARCO a presentación de Cadernos/Cuadernos de Jorge Martins, un libro de artista coeditado polo MARCO e a Fundação Carmona e Costa, que recolle unha parte
Detalles do eventos
O próximo luns 6 de xuño ás 18.00 terá lugar no MARCO a presentación de Cadernos/Cuadernos de Jorge Martins, un libro de artista coeditado polo MARCO e a Fundação Carmona e Costa, que recolle unha parte esencial da obra gráfica e poética deste artista, convertido nun dos nomes referenciais da plástica portuguesa contemporánea.
Nesta presentación participarán o artista, Jorge Martins; o editor, crítico e comisario Óscar Alonso Molina, e Miguel Fernández-Cid, director do MARCO. Contarase coa presenza de Dna. Graça Carmona e Costa, presidenta da Fundación e persoa crave na escena artística contemporánea, tanto pola súa dilatada traxectoria coma polo seu apoio a varias xeracións de artistas en Portugal e no estranxeiro.
Tras este acto no MARCO de Vigo, a publicación será presentada proximamente en sedes museísticas doutras cidades como Lisboa e Madrid.
JORGE MARTINS
Cadernos / Cuadernos: 1964-2020
Con ocasión da mostra JORGE MARTINS. Sombras e paradoxos, comisariada por Óscar Alonso Molina no MARCO, e por iniciativa do Museo, xurdiu o proxecto desta publicación: un libro de artista que recolle unha parte esencial da obra gráfica e poética de Martins dende 1964 ata a actualidade.
JORGE MARTINS. Cadernos / Cuadernos: 1964-2020
Edición: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Fundação Carmona e Costa
Fundación MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura y Deporte
Textos: Óscar Alonso Molina, Joana Baião, Miguel Fernández-Cid, José Gil, Jorge Martins
703 pp, b/n, bilingüe (port/esp), 2020
A exposición JORGE MARTINS. Sombras e paradoxos tivo lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2019-2020). Comisariada por Óscar Alonso Molina, contou coa colaboración de Fundação Carmona e Costa, MEIAC Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badajoz, e CAMÕES Instituto da Cooperação e da Língua de Portugal.
Máis
Hora
6 xuño, 2022 18:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual