REVISTA ABRIL

Presentación 'Casa Queimada'

07out19:00Presentación 'Casa Queimada'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Este venres 7 de outubro ás 19:00 horas estarán na EMAO Ramón e a Xosé presentando proxecto de crowdfunding Casa Queimada.

No ano 2017 o sur de Galicia foi asolado por unha ola de incendios que arrasaron montes, bosques, fincas e vivendas. O Proxecto Casa Queimada recupera un destes espazos naturais que foron arrasados polo lume: unha leira arborizada, cunha vivenda que tamén ardeu no incendio.

Sen seguro e sen axuda institucional, os Trigo reconstruíron a casa e rehabilitaron a leira. Durante a recuperación deste espazo expuxéronse transformalo nun espazo dedicado á creación artística, onde se poidan realizar talleres, exposicións, recitais, performances, etc.

Casa Queimada é un proxecto artístico que abarca diversas disciplinas, como pintura, escultura, ilustración, cómic, video, etc.

Máis