COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Presentación Barbeira Season Fest: Pablo Novoa & Friends

31ago19:00Presentación Barbeira Season Fest: Pablo Novoa & FriendsFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Baiona

Detalles do eventos

Barbeira Season Fest celébrase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro en Baiona. O festival arranca cun concerto sorpresa de Pablo Novoa & friends desde un dos balcóns do Hotel Bayona, reconvertido durante esta finde en “Hotel Season-Zentolo”. Aínda podes conseguir o teu abono na web do evento con 5€ de desconto introducindo o código AMOVIDA.

Máis de 20 concertos, entre os que destacan nomes como Zahara, León Benavente, La habitación Roja e Depedro; así como unha oferta gastronónima singular, actividades náuticas ou encontros con escritores completan o chamativo programa. Ademais, A Movida celebrará o cuarto aniversario da súa revista en papel cunha programación especial.

Desde un dos balcóns do céntrico Hotel Bayona, reconvertido para o festival no “Hotel pop-up Season-Zentolo”, dará comezo esta cuarta edición ás 19:30h cun concerto do músico Pablo Novoa xunto a amigas e amigos que a organización mantén en segredo. O concerto poderá gozarse dende a rúa e é de balde.

Máis

Hora

31 agosto, 2022 19:00(GMT+02:00)

Localización

Baiona

Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra

Other Events