REVISTA ABRIL

Presentación 'As que limpan'

04out19:00Presentación 'As que limpan'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Presentación do texto teatral.

Un cartel colga do manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras. As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

O teatro de A Panadaría ispe o escenario para poñer no centro da súa proposta ás súas actrices creadoras. Fundada por Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, é unha das compañías referentes da nova fornada do Teatro Galego. Nace en 2013, recibindo enseguida varios recoñecementos, entre eles o Premio da Crítica Galicia no ano 2015 pola súa montaxe PAN!PAN!. Con Elisa e Marcela reciben 4 premios María Casares. Os seus espectáculos apostan polo humor, a música e o xogo cos códigos teatrais. Ademais o seu compromiso e mirada feminista, está presente sempre nas súas propostas.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events