Presentación 'Arrieiros somos'

04mai19:30Presentación 'Arrieiros somos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

A Sede de Afundación en Vigo acolle a presentación do libro do cineasta Rubén Riós, ‘Arrieiros somos’. Na presentación estarán a coordinadora da Área de Cultura da Afundación, Marité Cores, Bieito Ledo,
escritor e editor, e o propio autor, Rubén Riós, quen dará unha conferencia no marco da presentación e a proxección dun dos capítulos da web-serie na que se inspira o libro e que pode verse, entroutras plataformas, en Afundación TV.

A serie-documental conta con máis de 1.000.000 de visionados nas plataformas, foi premiada á Mellor Web Serie polo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, trending topic na prensa a nivel nacional e actualmente conta xa con 3 edicións, coa publicación na Editorial Galaxia, do libro que a acompaña.

O libro narra o momento no que o 14 de marzo do ano 2020, no contexto do confinamento que se decretou a causa da pandemia, o actor e director Rubén Riós decidiu pasar ese tempo cos seus pais, nacidos os dous na década dos 40. «Nas súas miradas, no seu rostro de incomprensión, comezou a decatarse -sinala- que empezaba a ser o pai de seus pais. Unha sensación que nunca antes sentira». O amor ás raíces dos seus proxenitores, unido á súa mente creativa, son os motores
deste libro. En cada unha das súas páxinas tenta trasladar todo o que sentiu ao entrar nos fogares de cada un dos protagonistas, tomando como referencia todos os valores que as xentes do rural «nos inculcaron para ser o que somos hoxe», engade.

O xoves 4 de maio ás 19:30 h na sede Afundación. Entrada libre.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events