ASNEVES
REVISTA MAIO

Presentación: 'Antologia de Teatro Galego Contemporâneo'

19out18:3020:00Presentación: 'Antologia de Teatro Galego Contemporâneo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30 - 20:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

Informamos que, o mércores, día 19 de outubro, ás 18.00h, será presentado, no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, o libro ‘Antología de Teatro Galego Contemporáneo’ (edición bilingüe), da autoría de Escena Lusófona. A presentación contará coa realización dunha mesa-redonda, coa participación do responsábel pola edición e director António Augusto Barros, os dramaturgos Cándido Pazó e Vanesa Sotelo, o tradutor Xosé Paredes, a consultora Dolores Vilavedra e o director do grupo de teatro afeccionado do Camões/CCP-Vigo, Afonso Becerra. O acto contará tamén coa
lectura dramatizada dalgúns textos da Antoloxía polo grupo de teatro afeccionado do Camões/ CCP-Vigo, Eu.Experimento.
Escena Lusófona é unha asociación fundada en 1995, acollida en Coímbra, que se dedica ao intercambio teatral entre os países de lingua portuguesa, traballando tamén, hai máis de 20 anos, coa Galiza, procurando contribuír para reforzar os lazos de intercambio entre a comunidade teatral da Galiza e as comunidades teatrais dos países da CPLP. No
ámbito dese traballo de aproximación entre a Galiza e os países da lingua portuguesa, foi incluída na colección Escena Lusófona (@http://cenalusofona.pt/index.php/edicoes/coleccao-teatro/) unha Antoloxía de Teatro Galego Contemporáneo (edición bilingüe), que acaba de ser publicada.
Esta antoloxía, publicada en dous volumes so a dirección de António Augusto Barros, inclúe as seguintes obras: Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres; O aniversario. Cerimonia de prantos e soluços, de Euloxio R. Ruibal; Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño; Cando chega decembro, de Manuel Lourenzo; As certezas de Ofélia, de Luísa Villalta; Lugar, de Raúl Dans; Footing, de Gustavo Pernas Cora; As do Peixe, de Cándido Pazó; Judite, de Marcos Abalde Covelo; Po e Batom, de Esther F. Carrodeguas; Nome: Bonita, de Vanesa Sotelo; e Ás sete da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez. A escolla, que cobre un período temporal entre mediados do século XX e os días de hoxe, foi assessorada por tres especialistas de teatro galego: as investigadoras e profesoras universitarias Dolores Vilavedra e Inma López Silva e a encenadora *Ánxeles Cuña Bóveda.
As traducións do galego para o portugués foron realizadas por Sofia Lobo e Zé Paredes. O deseño gráfico ficou a cargo de Ana Simões, da empresa FBA. A publicación do libro, hai moi desexada pola Escena Lusófona, conta co apoio da Dirección-Xeral das Artes (no ámbito do programa de apoio a proxectos – edición / 2020), do Concello de Coímbra, do Ministerio da Cultura e Deportes do Goberno de España, da Deputación da Coruña, da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, do
Consello da Cultura Galega e da Asociación Dramaturga.

Máis