Presentación 'Alfred Hitchcock: el niño que filmó el miedo'

24mai19:00Presentación 'Alfred Hitchcock: el niño que filmó el miedo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

A editorial Libre Albedrío publica Alfred Hitchcock: el niño que filmó el miedo, un álbum ilustrado que nos penetra no universo dun dos grandes directores da historia do cinema. A súa infancia, os seus temores e todas as influencias que lle converteron no gran mestre do suspense.

Alfred era un neno medorento, temíalle a case todo. Pero atopou no cinema unha maneira de destapar todos os seus terrores e obsesións, mostrándoos na gran pantalla.

Segundo o cineasta francés François Truffaut, gran amigo de Alfred Hitchcock: «Un home fórmase entre os sete e os dezaseis anos. Despois vivirá de todo o que asimilou entre esas dúas idades».

Seguimos con esta serie de libros dedicada aos grandes xenios do cinema. Comezamos con Truffaut, o neno que amaba o cinema, e agora estreamos este novo título dedicado a un dos directores máis rompedores da historia da sétima arte. Un relato para todos os públicos que nos leva desde a súa infancia ata converterse no gran creador que hoxe coñecemos por películas como Os paxaros, Psicoses, A xanela indiscreta ou Vertixe. Un exhaustivo traballo de investigación que se converte en homenaxe ao cinema e ás películas a través das bellísimas ilustracións de Nuria Díaz. Un imprescindible para cinéfilos de todas as idades.

Nuria Díaz

Ilustradora e autora galega. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ten un Máster en Arte e Comunicación. É ilustradora nos ámbitos editorial, publicitario e de produto. Nun principio encamiñou a súa carreira profesional cara ao deseño gráfico, disciplina na que estivo a traballar varios anos. Por mor de gañar no 2010 o premio de ilustración Pura e Doura Vázquez da Deputación de Ourense, comezou a facer os seus primeiros traballos no mundo da ilustración, profesión á que se dedica na actualidade. Ademais de traballar para editoriais e axencias, aplica as súas ilustracións a produtos de papelería e decoración que vende a través da súa tenda en liña. Publicou con Edicións Xerais de Galicia, Grupo Planeta, Penguin Random House, Editorial Libre Albedrío etc.

Máis

Hora

24 maio, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events