REVISTA ABRIL

Presentación 'Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos'

03dec19:00Presentación 'Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O venres 3 de decembro ás 19:30h en El Corte Inglés, o avogado e politólogo Roberto Mera presenta o seu libro ‘Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’. O autor estará acompañado por Carme Adán.

Roberto Mera recuperou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas,
1877-México DF, 1952), cuxa intervención foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o estoupido da guerra civil española.

A través dunha inxente documentación atopada en diversos arquivos, Mera Covas constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, un home íntegro e entregado aos demais, que fuxiu a Francia co goberno da República e arriscou a súa vida, acosado pola Gestapo e a Falanxe, para salvar a decenas
de miles de persoas antes de poder el mesmo embarcar cara ao exilio en México, onde morreu en 1952.

O libro é, en palabras do seu autor, ‘un acto de xustiza para un home que merecería o apelativo do Schindler galego por méritos propios e que, porén, foi vítima, como tantos e tantas, do sepulcral esquecemento imposto polo medo e o terror de corenta anos de ditadura, alongado ata os nosos días por un vergoñento pacto de silencio’.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events