REVISTA ABRIL

Presentación 'A nación dos mil viños'

17nov20:00Presentación 'A nación dos mil viños'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) De catro a catro

Detalles do eventos

O café De Catro a Catro acolle a presentación do libro ‘A nación dos mil viños’, de Martiños Santos Canosa, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo.

Rematamos a viaxe pola xeografía dos viños da Galiza nas zonas de produción máis cálidas, na franxa oriental de influencia climática continental, con temperaturas máis altas no período de maduración das uvas nas viñas. Tamén rematamos con proxectos de futuro que incorporamos aquí. Das terras do Navia xa temos viños no mercado e pronto será nova indicación xeográfica protexida. E da Baixa Limia falamos para alentar o seu rexurdimento vitivinícola.

Detrás dos contidos hai moita información técnica, pero non é a vocación do libro ser unha obra para expertos, senón unha guía de aprendizaxe. Da man de Laiovento chega cun formato adaptado, con pequenos retoques, unha introdución e un glosario final que non mudan o traballo orixinal.

Xoves 17 ás 20:00

Acceso libre

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events