VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'A MARABILLOSA HISTORIA DO VIÑO EN GALICIA'

15dec19:00Presentación 'A MARABILLOSA HISTORIA DO VIÑO EN GALICIA'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O periodista Luis Congil presenta o seu libro ‘A marabillosa historia do viño en Galicia’ o 15 de decembro no restaurante (planta 7ª) de El Corte Inglés de Vigo.

O viño galego vive unha segunda idade de ouro. As exportacións, o valor por kilogramo de uva e os premios internacionais asó o corroboran. Pero o camiño ata aquí non foi fácil, e se hai unha segunda idade dourada, significa que antes houbo unha primeira. Os viños de Galicia adornaron as mesas dos reis europeos nas idades media e moderna, pero despois padeceron as crisis do comercio e as pandemias fitosanitarias mundiais. Aprender da súa historia pode servirnos para alargar a presente expansión, e evitar males futuros. Este é o argumento de “A maravillosa historia do viño en Galicia”, que presenta un percorrido de máis de 2000 anos polos nosos viñedos.

Luis Congil é periodista e divulgador. Impartiu os módulos de Historia do Viño en Galicia no Máster de Enología da Universidade de Vigo e é autor de numerosas publicacións sobre a evolución desta importante faceta da cultura e a economía de Galicia.

Xoves 15 ás 19:00

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events