
Presentación 'A lingua en futuro'
20xuñ19:30Presentación 'A lingua en futuro'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30
Detalles do eventos
Presentación do libro ‘A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050’, coordinado por Fernando Ramallo e editado por Catroventos. Participan na presentación Alba Guzmán, Branca Trigo
Detalles do eventos
Presentación do libro ‘A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050’, coordinado por Fernando Ramallo e editado por Catroventos. Participan na presentación Alba Guzmán, Branca Trigo e Nee Barros.
SINOPSE
Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días?
Que nos depara o 2050? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?
Nesta obra colectiva, dezasete persoas novas de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia…) falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Responden así ás preguntas formuladas polo sociolingüista Fernando Ramallo «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?».
A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 constitúe a réplica da xente nova ao volume A lingua en 2050 que Catro Ventos publicou en 2021.
Máis

Hora
(Martes) 19:30
Localización
Manteca y Canela
Rúa Jaime Balmes, 2, 36208 Vigo, Pontevedra