REVISTA OUTUBRO

Presentación 'A historia de Sara' de Francisco Castro

14mar20:00Presentación 'A historia de Sara' de Francisco CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro

Detalles do eventos

A historia de Sara de Francisco Castro e ilustrada por Luz Beloso, non nos pode deixar indiferentes unha vez leas a historia de esta rapaza, Sara, porque podería ser a historia de calquera nena do noso entorno. Acompañándoos estará a escritora Carme Adán.

A historia está contada por unha cativa de 6 anos, na linguaxe dunha nena tan pequena, nun uso da linguaxe como o dunha nena pequena? pero do que nos fala é dun tema duro, difícil, algo que unha nena de 6 anos non debería ter que vivir. A través dunha trama apaixonante, só descubriremos ao final do libro, que é o que atenaza á pequena. A historia de Sara ocúpase dun tema complexo que ten que ver con algo que a infancia nunca debería padecer. Unha ollada dende a infancia á brutalidade dos adultos, ao inferno no que, en moitas ocasións, son as casas cando deberían ser un remanso de paz. Sara leva calada moitos anos. Sara non fala. Porque garda un segredo. Temos que ler o libro para entender que é o que a está a destruír por dentro? A historia de Sara non é un libro infantil, malia que a cativada poida lelo. É un libro que nos interpela aos adultos, que nos interroga sobre como é posible que sucedan certas cousas terribles no seo dos fogares.

O martes 14 de marzo ás 20:00 horas na librería Librouro.

Máis

Hora

14 marzo, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events