VIALIA
PLAYDOC

Exposición, charlas e cine para lembrar a Revolución dos Caraveis

24abr19:00Exposición, charlas e cine para lembrar a Revolución dos CaraveisACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

O 25 de abril de 1974, comunmente coñecido como a Revolución dos Caraveis, constitúe un fito na historia contemporánea de Portugal. A transición dunha ditadura a un réxime democrático tivo un profundo impacto na sociedade portuguesa e este acontecemento, entre outras consecuencias, influíu en ámbitos como a literatura, a música e as artes visuais.

O Instituto Camoes en Vigo e a Cátedra Saramago (Universidade de Vigo) conmemoran esta imprtante data cunha serie de actividades como presentacións de libros, exposición, ciclo de cine documental, e unha masterclass sobre a impornta da revolución na literatura portuguesa.

24 abril ás 19:00 – Presentación do libro 50 Anos de Abril na Galicia (Através Editora), de Carlos Pazos-Xusto e Roberto Samartim. Contaremos coa presenza dun dos autores do traballo, o profesor Roberto Samartim.

25 de abril ás 11:30 – Inauguración da exposición 50 Anos de Abril – Poesía e Política, que poderá verse no CCP – Vigo ata o 29 de maio. A exposición inclúe carteis políticos orixinais das primeiras eleccións posteriores ao 25 de Abril e breve documentación sobre os principais partidos políticos da época, información histórica cronolóxica ofrecida polo Centro de Documentación 25 de Abril, portadas de xornais e revistas, ademais dunha Selección de 50 poemas sobre abril dispoñibles para levar.

25 de abril ás 18:30 – Proxección do documental Adriano Correia de Oliveira (Parte I), RTP. Teremos como convidados a Manuel Leitão, do Centro Artístico, Cultural e Deportivo Adriano Correia de Oliveira, Hugo Milhanas Machado e Xico de Carinho, seguida dunha mesa redonda.

26 de abril ás 16:30 – O 25 de Abril de Literatura Portuguesa, clase aberta, co profesor Daniel Ferreira.

2 de maio ás 18:30 – Proxección do documental Retratos de uma Revoluçao, RTP.

8 de maio ás 18:30 – Proxección do documental O que podem as palavras, de Luísa Sequeira e Luísa Marinho, seguida dunha mesa redonda.

Máis