REVISTA ABRIL

Preparación ao casting con Amado Cruz

22maiTodo o día23Preparación ao casting con Amado CruzACTIVIDADES PARA O COCO | 180,00€(Todo o día)(GMT+02:00) ActuARTE

Detalles do eventos

ActuARTE Espacio Creativo organiza un curso intensivo de preparación ao casting impartido polo director de casting, Amado Cruz.

Trátase dun curso de fin de semana 100% práctico, no que se traballarán escenas do guión da obra teatral ‘Perfectos desconocidos’, levada ao cine por Alex de la Iglesia. Farase análise do texto elixido, repartición do mesmo e posta en pé das escenas elixidas. Todo será gravado e revisado durante o curso.
É un curso pensado para actores e actrices profesionais ou en formación.

Cunha traxectoria de 23 anos de experiencia en cinema e televisión e máis dunha trintena de películas no cinema e unha vintena de series, Amado Cruz consagrouse como un dos directores de casting máis relevantes do noso país. Entre as películas nas que participou atópanse ‘El Ministerio del Tempo, Hernán Cortés, La Reina del Sur, El Final del Camino… E este 2021 estrearase o seu último traballo Parot.

O evento terá lugar os días 22 e 23 de maio en ActuARTE. Hai 16 prazas e é obrigatoria a inscrición previa a través deste formulario https://www.actuarteespaciocreativo.com/registro-curso-amado-cruz. Peche de inscricións o 18 de maio.

Máis información chamando ao 664 21 63 95 ou no correo actuarteespaciocreativo@gmail.com

Máis

Hora

maio 22 (Sábado) - 23 (Domingo)(GMT+02:00)

Localización

ActuARTE

Rúa de Joaquín Lóriga, 24. Bajo 36203 Vigo

Other Events