REVISTA ABRIL

Porridge Radio

24nov21:00Porridge RadioCONCERTOS | Desde 18,00€21:00(GMT+01:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Porridge Radio formáronse en Brighton en 2015 co liderado da vocalista, compositora e guitarra solista Dana Margolin. A formación complétase co teclista Georgie Scott, a baixista Maddie Ryall e o batería Sam Yardley. Publicaron os seus dous primeiros traballos en 2015, “Misery Radio” (en edición de CD + fanzine, esgotada en formato físico) e “I’m Not Sure Anymore” (tamén, como o anterior, xa só dispoñible dixitalmente), un dobrete de puro DIY que repetiron ao ano seguinte, co split “Hello Dog Friendly” (compartido con West America) e o álbum “Rice, Pasta And Other Fillers”, este con a banda ao completo.
O cuarteto británico empezou a despuntar con forza a nivel nacional en 2018, ao ser listado por ‘The Guardian’ entre os “40 best new artists of the year”: de sensación local a secreto británico a voces. Xa en maio de 2019 protagonizaron unha sesión en directo no programa de Marc Riley na BBC Radio 6 Music, asinando despois, en decembro, co selo estadounidense Secretly Canadian, onde publicaron o seu primeiro álbum gravado en estudo, “Every Bad” (2020). Nel souberon reflectir as súas urxencias, eses derrames de furia sobre bonitas melodías pop que ás veces parecen máis unha compulsión que unha elección, con toda a crueza da primeira Karen Ou e influencias tan dispares como Charli XCX ou The Cranberries.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events