Por las buenas o por las malas
17set18:00Por las buenas o por las malasPEQUERRECHOS | Desde 8,00 €18:00(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Esta fin de semana, volve a programación teatral na Sala Ártika cun espectáculo para toda a familia.A compañía cántabra “Escena miriñaque” presentan “Por las buenas y por
Detalles do eventos
Esta fin de semana, volve a programación teatral na Sala Ártika cun espectáculo para toda a familia.
A compañía cántabra “Escena miriñaque” presentan “Por las buenas y por las malas”, un espectáculo para toda a familia dentro do III Festival Comediártiko.
Sinopse: Quen che faría a vida imposible? Sexamos sinceros, sen as malvadas dos contos non habería historia. Non teriamos nada que contar, ningunha adversidade, ningún engano, ningún perigo… todo liso e moi, moi aburrido. Tampouco habería finais felices, nin banquetes, nin perdices. Veña…! Que a todos atráenos o seu lado escuro, fascínannos as súas maldades gratuítas, envexosas, crueis e antipáticas.
Nun food-truck chamado A Golosineta viaxan Aceda e Amarga. Cansas de ser instrumentalizadas para que “os bos” triunfen, reivindican, con moito garbo, a súa posición de imprescindibles: segundoxénitas pero necesarias.
Unha divertida comedia para toda a familia.
Idades recomendada: + 6 anos.
Duración: 50 minutos.
Entradas: 10€ ou 8€ + gastos de xestión: https://www.artikavigo.com/por-las-buenas-y-por-las-malas_ev4867.html
Horarios: Sábado 17 ás 18:00h. Domingo 18 ás 12:00 e ás 18:00h
Máis
Hora
(Sábado) 18:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes