Picnic Sesións
Detalles do eventos
A Asociación Cultural sen ánimo de lucro Lideiras organiza as Picnic Sesións, unha serie de eventos culturais cos que conseguir financiamento para crear o primeiro festival de Saiáns
Detalles do eventos
A Asociación Cultural sen ánimo de lucro Lideiras organiza as Picnic Sesións, unha serie de eventos culturais cos que conseguir financiamento para crear o primeiro festival de Saiáns o próximo verán.
O vindeiro domingo 2 de xaneiro traen outra das súas Picnic Sesións, un evento de tarde que se celebrará no local da Asociación de veciños de Saiáns.
PROGRAMA
- 16h: Contacontos con Iseo A Moura da obra ‘A Apalpadora’, un novo referente feminista do Nadal. A aposta por unha figura feminina como símbolo do Nadal galego, co obxectivo de normalizar a presenza da muller entre os personaxes clásicos destas festas.
- 17h: Chocolatada para entrar en calor e encher os buches cunha das bebidas máis ricas e apetecibles destas datas.
- 18h: Concerto de AMEVA, un dúo de versions acústicas formado por Eva á voz e Diego á guitarra e o piano. 8 anos sobre os escenarios e máis de 300 concertos co seu repertorio de Soul, Jazz e Pop para todos os públicos.
Domingo 2 a partir das 16:00
Máis
Hora
2 xaneiro, 2022 16:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
AVCD San Xurxo de Saiáns
Rúa da Eira Vella, 4, 36392 Vigo, Pontevedra
Other Events
Hoxe móvese
Séguenos nas redes