Picnic Sesións

09set(set 9)18:0010(set 10)22:00Picnic SesiónsFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00 - 22:00 (10)(GMT+02:00) Baixada á Praia, Saians

Detalles do eventos

A primeira edición do festival Picnic Sesións, que se celebrará os días 9 e 10 de setembro en Saiáns, xa ten o cartel musical ao completo, e é 100% vigués.

Hai unhas semanas vos informamos do nacemento dun novo festival en Saiáns. Para conseguilo buscaron financiamento a través de subvencións, patrocinadores público e privados e duns eventos chamados Picnic Sesións. Estas xornadas tiñan lugar os domingos na zona verde de Radio Costeira (Baixada á Praia, 83), e alí realizaban actividades para a cativada, chocolatadas, xantares, obradoiros deportivos e concertos. Finalmente, o festival celebrarase nese mesmo espazo os días 9 e 10 de setembro.

A primeira confirmación no apartado musical foi The Soul Jacket, experimentada banda local de soul e rock que vén de lanzar hai ben pouco o seu último disco, K.I.C.K. Radio. O cartel complétano máis artistas vigueses de diferentes estilos: Moon Cresta descargará toda o seu power funk cheo de enerxía; Family Folks afondará na música de raíz americana coa súa mestura de folk, country e garage; High Paw traerá os mellores riddims de reggae e hip hop; Bifannah propoñerá unha viaxe ao tropicalismo brasileiro dos anos 60; e Caldo un redescubrimento do noso propio folclore. Completan o cartel a actuación infantil de Brais das Hortas, coas súas cancións repletas de humor, e Frank Drebins DJ, con picada en vinilo.

Máis aló do musical, Picnic Sesións ofrece actividades para a cativada; gastronomía galega ao puro estilo romaría, nada de comida rápida; e un certame de pintura rápida ao aire libre con nome dun importante artista local. O seu lema é “Natureza, cultura e comunidade”.

Máis

Hora

9 (Venres) 18:00 - 10 (Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Baixada á Praia, Saians

Baixada á Praia, 83

Other Events