VIALIA
bannerPicnicSesions

'Piano Salvaxe' de Velpister

19xuñ20:00'Piano Salvaxe' de VelpisterCONCERTOS | Caixa inversa20:00(GMT+02:00) La Casa de Arriba

Detalles do eventos

La casa de arriba anuncia que o seu ‘piano salvaxe’ voltará cada venres, cun dobre pase ás 20 h e ás 21 h e o pago mediante caixa inversa, isto é, cada un paga á saída segundo a súa capacidade e grado de satisfacción. O local tamén anuncia que as funcións terán un aforo limitado a 15 persoas, que se cubrirá por orde de chegada, cumprindo así coas medidas sanitarias da desescalada.

Velpister co seu show de Piano Salvaxe (unha locura en toda regra….da que nos gusta…).

Velpister é un artista cosmodisciplinar: pianista, improvisador e compositor, pintor, escultor, escenógrafo, narrador e poeta, actor e cantante. Comeza os seus estudos musicais e pianísticos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, coa profesora Rosa de Castro. Trasládase a Madrid onde prosegue os seus estudos de piano coa profesora Celia de Yurre, ao mesmo tempo que realiza os estudos de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, estudos que abandona polo piano. Á súa volta a Ourense funda o Conservatorio Karl Nielsen, o cal dirixe e no que imparte clases durante os seguintes anos mentres realiza os seus estudos superiores de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña coa pianista Natalia Lamas. Así mesmo foi alumno de insignes pianistas, profesores e compositores da escena internacional como Luiz de Moura Castro, Paul Badura Skoda, Miguel Zanetti e Antón García Abril. Asistiu a cursos con Manuela Goveia, Pierre Rea e Andrés Alén entre outros. Durante os anos seguintes realiza un intenso labor pedagóxico ao mesmo tempo que dá recitais polos centros de cultura alternativa de Galicia. É concertista solista e acompañante desde 1997. Durante eses anos realiza unha intensa actividade artística e cultural acompañando a poetas nos seus recitais, tocando pezas do repertorio clásico e outras compostas polo propio artista, decorando os escenarios coas súas creacións pictóricas. Membro fundador dos Cursos Maxistrais de Música De Ourense, que levan a cabo nos veráns de 1994-95-96 e 1997. No ano 2000 decide dedicarse profesionalmente á pintura, sen deixar de manter unha intensa actividade musical, tanto pedagóxica como concertista. Foi profesor de piano e pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, así como no Superior de Vigo.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

La Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events