COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Gala Solidaria Bicos de Papel

24feb16:30Gala Solidaria Bicos de PapelA MOVIDIÑA | 5,00 - 10,00 €16:30(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Como cada ano, Bicos de Papel organiza unha gala que este ano se celebra o sábado 24 de febreiro ás 17:30 no Teatro Salesianos de Vigo. A partir das 16:30 o hall do auditorio acolle animación infantil con Spiderman, Galicia Squad e moitas sorpresas máis e a partir das 17:30 dará comezo a gala coas actuacións de Peter Punk e o musical O Rei León organizado pola Academia de Música Staccato coa colaboración da Escola de Baile Maite Quiñones.

Bicos de papel é unha asociación que traballa para dar apoio aos nenos que están pasando por un tratamento oncolóxico e as súas familias. A recadación obtida coa venda de entradas desta gala será destinada ao programa de humanización e mellora da estancia no hospital. Os nenos con cancro e as súas familias pasan longas estancias de tempo no hospital e por iso desde a asociación traballan para humanizalo, agora mesmo están a traballar arreo para inaugurar o ansiado parque infantil no HAC.

O prezo das entradas para asistir a gala é de 10,00 € os adulto e de 5,00 € os nenos, as instrucións para mercar as entradas atópanse na web de Bicos de papel.

Máis

Hora

24 febreiro, 2024 16:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events