REVISTA ABRIL

“Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”

18mar17:00“Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Vigo organizará unha serie de actividade con motivo do proxecto expositivo ‘Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño’ (Xunta de Galicia/Xacobeo 21-22)

O venres 18 de marzo ás 17:00 presentarase o proxecto coas súas autoras, Cristina de Middel e Bandia Ribeira. A presentación estará moderada polo comisario do proxecto Nicolás Combarro, nela as autoras falarán das súas traxectorias profesionais e farán unha presentación específica do seu traballo para o proxecto “Percorrer o tempo”, na que ambas artistas realizan unha interpretación do Camiño de Santiago desde diferentes perspectivas: físicas, sociais e emocionais.

Conferencia será gratis e está aberta ao público ata completar aforo

Será preciso confirmar asistencia no teléfono 986247750 (de martes a sábado de 11:00 a 14:00) ou no correo electrónico info.museodomar@xunta.gal

Máis

Hora

(Venres) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events