Galaxia

marzo, 2022

20mar12:30'Pequeño Big Blue'PEQUERRECHOS | 5,00€12:30 Auditorio Municipal do Concello

'Pequeño Big Blue'

Panicmap Proyectos Escénicos

Pequeño Big Blue é grande e é azul. É grande, azul e moi curioso. A súa curiosidade lévao a situacións
e lugares dos que despois non sabe como saír. Afortunadamente conta con ENE, que sempre está
alí para axudalo. Pequeño Big Blue debe, pouco a pouco, aprender a desenvolverse solo. ENE e Pequeño Big Blue son tan diferentes o un do outro como pode parecer a simple vista? O que é seguro e que como equipa son únicos.
Unha pequena viaxe da man de ENE e Pequeño Big Blue que pode que xere algunhas destas preguntas: Os bechos de cores son os que máis pican? Podo fabricar unha nube coas mans e algo de imaxinación? Por que te chove a ti e non a min? Cando te anoxas todo ponse vermello. E se estás triste? Só é de noite cando teño sono? Unha proposta plástica na que xesto, danza e artes visuais dialogan para ofrecer unha experiencia que estimula o desexo de xogar aos máis pequenos a aos seus grandes acompañantes atopando polo camiño algunhas emocións que todas e todos saberemos identificar.

Unha persoa adulta e un bebé. Resto do público poderá sentar de balde no patio de butacas con visibilidade reducida
ata completar capacidade.

Idade: +18meses

Duración: 35 minutos

Entrada única: 5€

Máis

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X