REVISTA ABRIL

Pedro Guerra actúa en La Pecera

11mar21:30Pedro Guerra actúa en La PeceraCONCERTOS | 22,40€21:30(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

O cantautor tinerfeño Pedro Guerra chega a Vigo.

Comezou a súa carreira actuando nas festas populares da illa canaria e aos 18 anos se mudou á cidade universitaria La Laguna, onde se incorporou á vida musical. O seu primeiro traballo foi unha colaboración nun disco colectivo de artistas canarios, editado polo propio Goberno Canario en 1985, de características reivindicativas e sociais. Tras xuntarse con outros cantautores, formou o grupo Taller Canario, de gran relevancia cultural para a illa.

Foi en 1993 cando mudou a Madrid para comezar a carreira en solitario, pasando por multitude de locais en toda España e colaborando con grandes artistas como Sabina. Ao longo da súa carreira solista sacou varios discos, entre os que destacan ‘Golosina’ e ‘Tan cerca de mí’. Tamén creou a Banda Sonora Orixinal de la película Mararía, en colaboración coa orquesta filarmónica de Gran Canaria, e sacou un disco libro La palabra en el aire xunto a Ángel González.

Actualmente atópase na xira ‘Pídeme en Salas’. Sempre reserva un tempo para regresar a espazos onde o contacto co público é próximo e íntimo. ‘Pídeme en Salas’ é un proxecto no que o público que asiste aos concertos pode pedir, no momento de comprar a súa entrada, a canción de Pedro Guerra que quere escoitar e o artista constrúe o repertorio con esas cancións. De forma que cada concerto é diferente e exclusivo.

Sábado 11 ás 21:30h en La Pecera.

Entradas á venda

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events