REVISTA ABRIL

Pedro Feijoo en Panda Bohème

01dec18:00Pedro Feijoo en Panda BohèmeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) Panda Bohème

Detalles do eventos

Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, Panda Boheme converterase nun fervedoiro de eventos ao redor da Traveler’s Company. Haberá selos exclusivos para estampar no Traveler’s, agasallos e exposición de material enviado ex profeso desde Xapón.
Ademais, durante todo o mes visitarán a tenda diferentes convidados que nos axudarán a explotar as posibilidades creativas deste caderno. O escritor Pedro Feijoo será o encargado de inaugurar esta serie de eventos o xoves 1 de decembro, Eva Quinteiro e Iratxe Yarritu guiarán uns obradoiros creativos os días 15 e 22 de decembro respectivamente e o músico Santi Araújo pasará pola tenda de María Berdiales a conversar con todos os asistentes sobre a súa música o 29 de decembro.

Pedro Feijoo, xoves 1 ás 18:00:

O escritor Pedro Feijoo estará na tenda Panda Boheme o vindeiro 1 de decembro. Un encontro no que conversaredes sobre todo o relacionado co proceso creativo, co seu traballo e, o máis importante, sobre todo o que lle queirades preguntar. Desde cales son as súas plumas favoritas, ata para cando a próxima novela.

Ademais, presentarán un novo concurso literario.

Acceso libre ata completar o aforo.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Panda Bohème

Rúa de María Berdiales, 15, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events