VIALIA
bannerPicnicSesions

Pat Metheny volve aos escenarios vigueses depois de 24 anos

17xuñ21:30Pat Metheny volve aos escenarios vigueses depois de 24 anosCONCERTOS | Desde 36,00€21:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O guitarrista americano Pat Metheny actuará o vindeiro 17 de xuño no Auditorio Mar de Vigo, este concerto encóntrase dentro da programación da 11ª dición do Ciclo Xacobeo Importa.

Moitos son os que aínda non se esquecen do seu último concerto na cidade no ano 1998, citado en numerosas ocasións como un dos concertos máis memorables que se fixeron, o prestixioso músico volve para deleitar aos seus incondicionais seguidores do mellor jazz.

Con máis de 40 anos de carreira, 20 premios Grammy e un legado discográfico ás súas espaldas, o guitarrista presentará o seu novo traballo ‘Side-Eye’. A súa versatilidade fixo que tocara cos máis grandes músicos en todos os rexistros posibles, dende Jaco Pastorius, Ornette Coleman, Sonny Rollins, David Bowie e moitos máis. Metheny é un artista que sorprende en todos os seus traballos con algo novo, pero ao mesmo tempo nunca defrauda aos seus espectadores cun estilo familiar e recoñecible.

Con motivo da celebración do ano Xacobeo 2022, o ciclo Galicia Importa transfórmase no Ciclo Xacobeo Importa. Presentarase unha ambiciosa proposta musical con artistas de referencia nacional e internacional, que percorrerán os escenarios galegos. Xa están confirmados algúns artistas como Eagles of Death Metal, White Lies, Charming Liars The James Hunter Six…

Máis