REVISTA ABRIL

 ‘Palmeiras, piueiros’  de Anxo Angueira

27out20:00 ‘Palmeiras, piueiros’  de Anxo AngueiraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) RioLagares Galería

Detalles do eventos

Palmeiras, Piueiros, o libro que marca o regreso de Anxo Angueira á poesía tras case quince anos de silencio poético, reunirá mañá xoves 27 de outubro en Vigo ao seu autor cos tamén escritores Farruco Sesto (ex ministro de Cultura venezolano, alén de arquitecto e profesor) e a viguesa Moncha Fuentes. Será no Río Lagares (Rúa Falperra, 16) a partir das 20 horas da tarde, onde tamén actuará o cantante Secho. 

Palmeiras, piueiros non é só dun regreso de Angueira: estamos ante unha visión global sobre o autor que Chan da Pólvora publica no seu sesenta aniversario. O sexto volume da colección Cova da lontra de Chan da Pólvora ten como protagonista a Anxo Angueira, un dos poetas máis singulares da denominada xeración dos oitenta e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro. O libro, que chega xa á súa segunda edición e que ten un lugar decisivo xa na traxectoria de Angueira, presentase mañá venres nun acto no que tamén participa Secho, músico de Dodro que acompaña nos últimos meses ao poeta nos seus poderosos recitais.

Angueira levaba quince anos sen publicar poesía ata a aparición deste libro inesperado, cun título onde conviven o que morre e o que renace, o vexetal e o pétreo, o exótico e o enxebre, o coñecido e o por descubrir. O libro, porén, non rompe só un silencio prolongado senón que ofrece unha perspectiva poética global do autor no seu sensenta aniversario. “Calquera fronteira que poidades imaxinar ou coñecer, calquera cicatriz que en falso fose cosida é rebentada pola forza desta escritura”, asegura Chus Pato respecto dos poemas de Angueira nas achegas das Contornas que pechan o volume, apartado que comparte coa reveladora entrevista de Xabier Cordal e a autopoética do propio poeta.

Palmeiras, piureiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso creativo e extendenuse en múltiples dirección, nun proceso desbordante que atinxe tanto á intensidade formal como á profundidade das emocións. Máis que nunca, neste libro de Angueira, a palabra e a voz son un principio de pracer.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares Galería

67PC+2F Vigo

Other Events