OUTRORA NÓS

07out20:00OUTRORA NÓSESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 7 DE OUTUBRO · 20:00 HORAS – OUTRORA NÓS -Mevadeus

Xénero: teatro xestual
Autoría: Mevadeus
Dirección: Alba Rodríguez Villar
Coreografía: Mevadeus
Escenografía e deseño de iluminación: As dúas en punto
Deseño de son: Brais Pombo, Inés Santos, Mara Neira e Bal Castro
Vestiario: As dúas en punto
Música: Mevadeus
Elenco artístico: Bal Castro, Mara Neira, Inés Santos e Brais Pombo

Segundo a Real Academia Galega:
Outrora
adverbio
1.Hai tempo, antes.
2.Noutro momento.
Catro xoves, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de
saber: Quen seríamos nós outrora nós? O amor e a tradición son o fío condutor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events