REVISTA ABRIL

Otoño Lírico 2020: Gala As Nosas Voces

18out19:30Otoño Lírico 2020: Gala As Nosas VocesCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O vindeiro domingo día 18, ás 19,30 horas no auditorio do Conservatorio Superior de Música (O Castro), terá lugar a gala lírica “ As Nosas Voces” dentro do “Outono Lírico 2.020” dos Amigos da Ópera de Vigo.

Na mesma, a soprano Mariña Penas e o baixo-barítono Pedro Martínez-Tapia, acompañados ao piano por Carlos E. Pérez, interpretarán un programa de ópera e zarzuela formado por romanzas, arias e dúos de Mozart, Bellini, Puccini, Chapí, Sorozabal, Giménez ou Alonso, onde repasarán pezas de obras como: “Don Giovanni”, “La Boheme”, “Le Nozze dei Figaro”,  “La del Manojo de Rosas” ou “La Revoltosa” entre outras.

Dentro do seu festival lírico, os Amigos da Ópera de Vigo veñen programando desde hai anos, unha gala ou concerto onde son protagonistas cantantes mozos galegos. Nesta tanto Mariña Penas como Pedro Martínez-Tapia, a pesar da súa mocidade, xa teñen unha dilatada traxectoria nos principais teatros e tempadas de España.

Seguiranse todas as medidas e protocolos anti covid e a entrada será libre ata completar un reducidísimo aforo de 125 butacas, menos do 50 % da capacidade do auditorio Martín Códax.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events