VIALIA
bannerPicnicSesions

Óscar Guillén

01ago22:00Óscar GuillénESPECTÁCULOS | 3,00 €22:00(GMT+02:00) La Ilusión II

Detalles do eventos

Este sábado 1 de agosto, Óscar Guillén estrá en Vigo cos seus monólogos. A cita será no Bar La Ilusión II na avenida de Castrelos.

Óscar Guillén nace en Madrid, desde a súa mocidade escribe textos coa intención de subirse a un escenario, pero a súa vida vai por outros roteiros, sobre todo o do bakalao. En 2008 instálase en Galicia e empeza a percorrer os locais de comedia galegos con gran éxito. Os seus textos son mordaces e moi acedos. Sen pelos na lingua, o seu traballo non pasa inadvertido e actualmente actúa no circuíto nacional de comedia.

Óscar Guillén presentará o seu novo monólogo “Un gallego en Madrid”.

Este peculiar artista da risa defínese como un simple aprendiz de cómico pero este humorista é o mismísimo creador do circuíto de comedia “Risas Club” que recolle tras o seu selo de humor a cómicos premiados en concursos de monólogos ou que participaron na prestixiosa canle de humor Paramount Comedy como Asun Serra, Fernando Moraño, Stephy Llaryora ou o cómico berciano Andrés Campelo.

A entrada do evento será de 3,00€ cunha consumición mínima. Poderase reservar mesa no 660119189. Ademais lembrar que o aforo do local será limitado.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

La Ilusión II

Av. de Castrelos, 194, 36210 Vigo, PO

Other Events