VIALIA
bannerPicnicSesions

Solpores na Rebullón: Lamprea Explosiva e ZunZun

07xul21:00Solpores na Rebullón: Lamprea Explosiva e ZunZunCONCERTOS | Billeteira inversa21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón ten unha nova proposta para gozar da música en directo durante este verán: Solpores na Rebullón. Concertos ao ar libre (se a metereoloxía o permite) todos os xoves de xullo e agosto. As actuacións terán lugar na terraza da sala ubicada no Centro Cultural As Pedriñas de Mos e o acceso será libre e de taquilla inversa; é dicir ao final do concerto cadaquén pagará o que estime oportuno pola actuación.

Abren a programación o xoves 7as bandas locais Lamprea Explosiva e Kings of the Beach. Nas seguintes xornadas pasarán pola terraza da Rebullón o rock de tintes sesenteiros de Zalomon Grass (14 de xullo), os sons guitarreiros de Karma Animal (21 de xullo), Dientes e Giussepe que porán en pé ao público da sala (28 de xullo), Froján adiantará temas do seu próximo traballo ‘Huir’ (4 de agosto), desde Mos o Ska-Punk de Sustanciados (11 de agosto), os riffs da banda estadounidense Valley of the sun farán as delicias dos máis guitarreiros (18 de agosto) e pecha o ciclo a banda estradense Os John Deeres con 15 anos de percorrido nas súas costas (xoves 25).

XOVES 7, Kings of the beach + Lamprea explosiva

ACTUALIZACIÓN: KING OF THE BEACH NON PODERÁ TOCAR O XOVES 7 POR CUESTIÓNS DE SAÚDE. NO SEU LUGAR ACTUARÁ ZUNZUN.

Lamprea son dous facendo a banda sonora da súa amizade. Melodías breves, pequenas cancións
pra levar no peto interior da chaqueta. Unha batería e unha guitarra.
KINGS OF THE BEACH nace en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez (guitarra, voz),
Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios de 2015 publican a súa primeira
maqueta, “ Badass”, pegando forte en a sempre prolífica escena galega. Un ano máis tarde, en
febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, “Bat Pussy”, obtendo repercusión nacional e
internacional e causando moi boa impresión en medios como Rne3 ou Mondosonoro, entre outros.
E a día de hoxe acaban de sacar novos tema como “Butterflie”
O son de KINGS OF THE BEACH pode definirse como salvaxe, de praia e rápido, como un sopapo
na cara.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events