CAMELIAS

'Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha publicación'

10mar19:00'Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha publicación'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A Bliblioteca EMAO acollerá a presentación do libro ‘Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha publicación’, editado por Manuel Martínez Torres, director técnico da Orquesta Clásica de Vigo e co apoio da Deputación de Pontevedra.

O acto será o xoves 10 de marzo ás 19:00h, contarase coa participación dos autores e investigadores do libro, Manuel Martínez Torres, Pablo Abreu, Alejo Amoedo e David Rodríguez.

No acto presentarase a publicación, que recolle o proceso de localización, identificación e restauración dos timbais da Banda Municipal de Música de Vigo, e darase un avance do concerto “Mozart esencial”, que terá lugar o 18 de marzo no marco da temporada “Correspondencias” da Clásica e onde soarán por primeira vez estes timbais restaurados.

Máis