PORTAMERICA
REVISTA NADAL

'Os teus ollos din o que a túa boca cala' de Celeste Garrido

02out(out 2)11:0004abr(abr 4)14:30'Os teus ollos din o que a túa boca cala' de Celeste GarridoARTE E MUSEOS | De balde(outubro 2) 11:00 - (abril 4) 14:30(GMT-11:00) Museo Marco

Detalles do eventos

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

A marinense Celeste Garrido ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero, como é o caso deste Os teus ollos din o que a túa boca cala. O corpo, desde unha perspectiva conceptual, e o vestido son algúns dos sinais de identidade desta polifacética artista, que se declarou admiradora de Yolanda Herranz, a anterior persoa que expuxo nesa mesma sala do MARCO.

O seu proxecto Nupcial, desenvolvido aa través de numerosas obras, fai referencia ao vestido de noiva como símbolo do matrimonio, dentro dun sistema patriarcal subxacente na nosa cultura. Nas obras incorpora obxectos da vida cotiá e materiais orgánicos, en especial aqueles de uso doméstico, como poden ser o mel, a xelatina, as uvas ou os pétalos de rosa. Dentro desta serie atopamos un vestido de noiva sobre un círculo de xelatina vermella no chan, que co paso do tempo ira mutando en algo non desexado a través do mofo branco e posteriormente verde, unha metáfora das relacións amorosas tóxicas.

Outra das propostas é Infancias rotas, que establece unha reflexión en torno á violencia infantil e en especial á violencia sexual na infancia e na adolescencia. Comprometida como artista e muller, os seus proxectos desenvólvense desde unha óptica feminista e un posicionamento crítico, formulando propostas que apelan ao espectador e o fan cómplice dese compromiso.

Tamén poderemos observar nas paredes da sala a súa obra máis coñecida e optimista, a sinatura cos seus beizos selando a palabra Olvido, como transformación, esperando o que está por vir.

Máis

Hora

2 outubro, 2020 11:00 - 4 abril, 2021 14:30(GMT-11:00)