VIALIA
bannerPicnicSesions

"Os formatos aleatorios veñen dados polas sucesivas mutacións que sufriu o módulo"

21out(out 21)19:0023dec(dec 23)21:00"Os formatos aleatorios veñen dados polas sucesivas mutacións que sufriu o módulo"ARTE E MUSEOS | De balde(outubro 21) 19:00 - (decembro 23) 21:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Do 21 de outubro ao 23 de dicembro

Horario da sala de exposicións: de 19.00 – 21.00 h de luns a venres.

O saxofonista Charlie Parker dicía que hai que aprender a dominar a técnica e despois, esquecelo todo e tocar. Algo así é o que fai Miguel Vázquez coa escultura cerámica. Despois de corenta anos de traxectoria artística, e de trinta e oito anos como docente, Miguel tense convertido nun escultor preciso e un docente rigoroso. O seu compromiso coa cerámica nace dunha fascinación pola terra e o lume que o enganchou neses anos da primeira mocidade nos que, quen máis e quen menos, anda a xogar coa incerteza de a que dedicarse o resto da vida. Dende aquel proverbial descubrimento, Miguel non deixou de estudar os procesos, as técnicas, os materiais e as posibilidades plásticas e fixo do lume e a terra os seus compañeiros de viaxe. Ese entusiasmo que aínda transmite hoxe na súa conversa, alumeou a súa vocación artística e docente e, co paso do tempo, fixo del un artista de referencia e un profesor inesquecible. Os traballos que se poden ver nesta exposición son unha síntese sen pretensión cronolóxica, dese longo camiño de compromiso coa escultura cerámica e, dalgún xeito tamén, do labor docente, porque a través destas obras, quen recibiu o seu maxisterio, recoñecerá moitas cuestións que foron tratadas nas súas clases. Nesta pequena escolma, evidéncianse o seu profundo coñecemento técnico e plástico e unha actitude que nos remite á cita coa que comezabamos: Miguel sabe moito e, á hora de crear, decide esquecelo todo e mirar de fronte ao azar. Nunha disciplina artística que require de tanta precisión e coñecemento, como é a escultura cerámica, Miguel goza poñendo as súas leis físicas ao límite, como unha necesidade de auto afirmación que define a súa personalidade. Esta afirmación do eu, é expresada mediante un temperamento apaixonado que transmite autenticidade, sen deixar de lado ese rigor técnico e unha evidente elegancia formal. O artista, ademais de dominar o oficio e os códigos, ten un discurso propio; e o profesor, ademais de dominar a palabra, desprende o carisma necesario para provocar a complicidade na transmisión de coñecementos. Este talento posibilitou que, ademais de en España, a súa obra forme parte de coleccións institucionais en lugares tan diversos como, Países Baixos, Suíza, Francia, Italia, Croacia, Xapón ou China; e que o seu maxisterio o levara a pronunciar conferencias e impartir obradoiros e cursos en diversos museos e universidades de España e Xapón. O compromiso cos seus valores, que el leva a todas as facetas da súa vida, exprésase tamén no seu traballo, nun inquebrantable compromiso ético que o levou a percorrer un camiño singular na arte e na docencia.

Máis

Hora

Outubro 21 (Venres) 19:00 - Decembro 23 (Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events