Os días 23 e 30 de decembro entre 16:30 e 18:30 estará a popular familia nas instalacións do Museo do Mar.
Os bonecos corpóreos estarán polas zonas de acceso gratuíto do museo para saudar a toda a rapazada que se achegue e compartirán unha divertida tarde de Nadal con todas as familias que o desexen.