VIALIA
bannerPicnicSesions

OS BOLECHAS E A PORTA DOS CAMIÑOS

19set12:00OS BOLECHAS E A PORTA DOS CAMIÑOSPEQUERRECHOS | Prazas esgotadas12:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Cando: 19 setembro 2020
Hora: 12 h
Onde: Na sala de de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda Atlántida, 160. Vigo)

Os populares personaxes da literatura infantil galega creados por Pepe Carreiro veñen ao noso museo para facernos vivir unha nova aventura chea de diversión.
Nesta ocasión preséntanlles a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a ‘Porta dos Camiños’, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar pero non saben por que vía facelo. Coa axuda do público conseguirán non só facer funcionar a Porta dos Camiños senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vías de peregrinación.

ENTRADAS:

  • A entrada é de balde con reserva previa
  • Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo

RESERVAS.Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
  • N.º de teléfono:
  • N.º adultos/as participantes:
  • N.º de nenos/as participantes:
  • Alguha persoa á que non lle sexa posible sentarse no chan?, indique cantas:

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events