Orquestra Clásica de Vigo

26xuñ13:00Orquestra Clásica de VigoCONCERTOS | De balde13:00(GMT+02:00) Praza da Igrexa (A Colexiata)

Detalles do eventos

Tralo peche da primeira metade da temporada, a Clásica inaugura os concertos de verán coincidindo co Día Europeo da Música, que se celebra o vindeiro 21 de xuño. O tradicional concerto da orquestra para conmemorar este día tan especial será o domingo 26 de xuño, ás 13 horas, na Praza da Igrexa (casco vello de Vigo).

A Clásica volve ao casco vello da cidade para levar a súa música aos pés da Colexiata, retomando así unha tradición con máis de trinta anos de historia. O programa do concerto do día 26 está composto por tres pezas: Concerto violín mi m op. 64 (II movemento), de F. Mendelssohn; Adiós a la Alhambra, de J. de Monasterio; e Doble concierto, de G. Holst. Baixo a dirección de Manuel Martínez Álvarez-Nava, as tres mulleres solistas serán Navia Núñez, Paula Gómez e Iria Pérez.

O xa clásico concerto anual do Día Europeo da Música é unha conmemoración que busca compartir o amor pola música nunha xornada festiva aberta á cidade na que non importan as etiquetas. Coa colaboración do Concello de Vigo, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Clásica propón este evento como unha cita para que a cidadanía acceda e goce da escoita e práctica desta arte en directo. A entrada será libre e de balde.

Concerto o día 21 de xuño

A programación preparada para conmemorar o Día Europeo da Música comeza xa o martes 21 de xuño, día no que a orquestra ofrecerá un concerto diferente en colaboración coa Universidade de Vigo.

O repertorio constará dunha serie de propostas de cámara na que destaca a do trío de vento composto polos músicos Celia Vallo Gil (frauta), Iria Pérez Salgueiro (fagot), Raúl Martínez Temperán (clarinete) e a do trío de corda, formado por Navia Núñez (violín), Paula Gómez (violín) e Pedro Fernández (cello).

O concerto terá lugar ás 20 horas no Edificio Redeiras (Berbés) e a entrada é de balde ata completar a capacidade.

Máis

Hora

(Domingo) 13:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Igrexa (A Colexiata)

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events