Orquestra Clásica de Vigo

25xul21:00Orquestra Clásica de VigoCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Praia de Carril

Detalles do eventos

Concertos de Verán nos barrios da cidade

A Clásica celebrará o Día de Galicia en Alcabre, cun concerto no prado da praia de Carril, concretamente entre a praia e o Pazo dos Escudos. Será ás 21:00 horas cun programa monográfico adicado a Mozart, no que destaca a serenata en re maior que contará cos solistas Raquel Carrera, Iria Pérez, Daniel Fernández e Gustavo Barcia.

Como en todos os concertos deste ciclo, desenvolverase unha acción previa a partir das 20:15 horas para que a rapazada participe nunha actividade divulgativa que acompañará á proba de son. As entradas son de balde con acceso controlado.

Máis

Hora

(Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praia de Carril

Camiño Igrexa, 24, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events