
Orquesta Clásica de Vigo: Haydn + Mozart
Detalles do eventos
O Clasicismo para a Orquestra Clásica de Vigo é como voltar a casa nesa viaxe constante da que siguen extraendo leccións, significado e músicas. Por este motivo, este
Detalles do eventos
O Clasicismo para a Orquestra Clásica de Vigo é como voltar a casa nesa viaxe constante da que siguen extraendo leccións, significado e músicas. Por este motivo, este programa xurará en torno á obra de Gluck, Haydn e Mozart, artistas que compartiron tempo, espazo e inquedanzas artísticas. As pezas escollidas teñen unha intencionalidade e estarán conectadas entre si dende o punto de vista estilístico e conceptual, polo que convidan a descubrilas durante o concerto.
Este programa está deseñado nun contexto de aforos reducidos, distanciamento e contención, polo que a volta a este estilo non é casual, pois conecta perfectamente coas necesidades do seu contexto. Con todas as dificultades que supón organizar un concerto nestes tempos, facer música e encher as salas dos teatros trátase case dunha cuestión de militancia na cultura. Por estes motivos agradecen máis que nunca a participación e constancia.
Programa:
– Orfeo ed Euridice (Abertura), de C.W. Gluck
– Concerto en la maior n.5 para violín e orquestra K.219 “Turco”, de W.A. Mozart
– Sinfonía n. 54 en sol maior Hob.I:54, de J. Haydn
Solista: Raquel Carrera Álvarez
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Haydn + Mozart | Orquesta Clásica de Vigo
Onde: Teatro Afundación de Vigo
Cando: 17 de outubro ás 20:30
Entradas: Ataquilla dende 5€
Máis
Hora
17 outubro, 2020 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes