Orquesta Clásica de Vigo: Chaikovski

06mai20:30Orquesta Clásica de Vigo: ChaikovskiCONCERTOS | Desde 5,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

 A Orquesta Clásica de Vigo presentou o programa de Escoitas, título da nova temporada 2022-2023.

O obxectivo da orquestra coa nova tempada é ofrecer cinco escoitas coas que reivindicar o teatro como punto de encontro necesario para que o público descubra a diferenza de escoitar unha interpretación en directo. Coas Escoitas, o público fará unha viaxe por diferentes sonoridades. Desde Elgar, un concerto do sinfonismo do cambio do XIX e XX, pasando polo Concerto de Nadal que busca elevar a música tradicional á categoría de vangarda, polo minimalismo de Glass, a esencia galeguista dos anos 30 coa evocación do filme Canto de emigración de Pepe Coira e, finalmente, pola paixón e patetismo do concerto para piano de Chaikovski.

ELGAR
22/10/22 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
Solista: Guillermo Pastrana

CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL
29/12/22 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo

GLASS
04/02/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo

CANTO DE EMIGRACIÓN (película con música en directo)
26/03/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo

CHAIKOVSKI
06/05/23 | 20:30h | Teatro Afundación de Vigo
Solista: Giuseppe Andaloro

As entradas o concerto de Elgar xa están á venda en Ataquilla.com. Co fin de promover a asistencia de todos os públicos, a Clásica decidiu reducir os prezos. Para este concerto, as entradas custan desde 5 euros a 14 euros segundo a butaca. As entradas na billeteira antes do evento custarán 5 euros para menores de 30 anos.

Tamén teñen abonos para toda a tempada con descontos para menores de 30. Formulario para solicitalo aquí.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)