CAMELIAS MASCOTAS

Orgullo Crítico LGTBI+: Batukada

28xuñ20:00Orgullo Crítico LGTBI+: BatukadaAS NOSAS FESTAS | De balde20:00(GMT+02:00) Casco Vello

Detalles do eventos

As asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ lanzan un completo programa durante todo o mes de xuño con actividades como charlas, proxeccións e teatro combinadas con sesións lúdicas de bingo, batukada, pedalada con vermú ou festa de San Xoán. O colofón será a manifestación do 29 de xuño (un día despois do Día Internacional do Orgullo LGBT) na que a bandeira arco da vella onderá en moitas cidades do mundo.

O programa está artellado en colaboración con outros centro sociais e salas da cidade e busca visibilizar as dificultades sociais e políticas ás que se enfrontan as persoas non cishetero, sendo ignoradas, invisibilizas e ata criminalizas por unha sociedade que aínda non acepta totalmente a diversidade sexual e de xénero.

1 de xuño ás 11:00 no C.S. A Desviada ( Avenida Fragoso, 47) – Brunchstorming – Brunch con mesas de  no que compartir ideas e pensar como construir xuntas. Tamén haberá unha pequena actividade de pintar tartas. A comida será preparada polas compañeiras do propio local, que teñen a disposición un formulario co menú, para que todas as persoas que xa saiban que van acudir reserven con antelación e faciliten o proceso.

2 de xuño ás 20:00 na Sala Ártika Teatro: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, do colectivo artístico Vacaburra – Conferencia escénica con servizo de conciliación para nenos.

8 de xuño ás 20:00 no C.S. A DesviadaCinema: The Rocky Horror Picture Show – Proxección do filme con interacción do público.

9 de xuño ás 12:30 no Monte VixiadorUn día en familia – Xornada de convivencia para familiar. Require de inscrición previa.

9 de xuño ás 19:00 na Sala Kominsky Bingo para señoras – Actividade organizada polo Festival Drag King que busca recadar fondos para as súas actividades e gala do mes de xullo. As papeletas poden comprarse no propio evento.

11 de xuño ás 19:00 no Museo MARCO Curtas Festival La Pecca – Proxección dunha escolma de curtametraxes participantes no Pequeño Certamen de Cine de Ambiente, concurso de curtametraxes sevillanoque se caracteriza por exhibir historias relacionadas coa diversidade sexual e de xénero.

13 de xuño ás 18:00 na Biblioteca Neira VilasContacontos – XE musicalizado a partir de catro anos.

15 de xuño ás 11:30h desde Asociación Nós Mesmas Pedalada e vermú transmaricabollera – Percorrido en bici e vermú con actuación musical e vermú.

16 de xuño ás 19:00 na Asociación Nós MesmasXuntanza Bibollo – Conversatorio sáfico sobre vivencias comúns e alianzas.

19 de xuño ás 19:00 nos Multicines NorteDocumental: Homofobia de estado + coloquio – O activista Kris Adá falará sobre a realidade migratoria das persoas LGBTIQ+.

22 de xuño ás 19:00 no C.S. A DesviadaObradoiro de Anarquía relacional -Repensando os vínculos alén dos mandatos do patriarcado.

22 de xuño ás 21:00 no C.S. A DesviadaFesta da desviada hortera – Acude coa túa estética máis excéntrica.

23 de xuño ás 21:00 en Alcabre San Xoán Transmaricabollera – Quedada na praia de Santa Baia compartindo unha noite máxica.

24 de xuño ás 19:00 en A MoradaFaladoiro: A miña maleta Experiencias de vida de migrantes LGTBI+ refuxiados, coa colaboración de Amnistía Internacional.

27 de xuño ás 20:00 no C.S. A DesviadaExposición de Pablo Carreiro – O autor e ilustrador presenta o seu novo cómic da saga Chico! .

28 de xuño ás 18:00 no C.S. A DesviadaObradoiro de pancartas – Achégate a crear a túa pancarta para a mani do Orgullo.

28 de xuño ás 20:00 no Casco Vello Pasarrúas batukada – Percorrido reivindicativo polo Orgullo.

29 de xuño ás 20:00 no cruce de Urzáiz con Gregorio Espino – Manifestación – Quedada previa na Porta do Sol con DJ para ir todas xuntas ata o punto de saída.

29 de xuño de 21:30 a 01:00 na Porta do Sol – Festa diversa – Con DJ

Máis

Hora

28 xuño, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events