VIALIA
bannerPicnicSesions

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: O meu diario

31xul10:0014:00OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: O meu diarioPEQUERRECHOS | De balde10:00 - 14:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.

Todos os martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00.

Para participantes de 6 a 12 anos.

Inscricións: Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Sesión 11 (Venres 24): Relatos cruzados.

Sesión 12 (martes 28): Fractais. A incrible xeometría da natureza.

Sesión 13 (mércores 29): Paisaxe continua sobre pedras.

 Sesión 14 (xoves 30): Personaxes anónimos e retratos colectivos.

Sesión 15 (venres 31): O meu diario

Algunha vez tiveches o teu propio diario? Pode ser un instrumento moi útil como memoria, testemuña ou simple diversión. Podes combinar escritura, debuxos, obxectos atopados, e todo tipo de elementos que para ti teñan un valor. Na derradeira sesión crearemos a primeira páxina do teu diario, a portada, mediante unha técnica tan divertida e suxestiva como o marmolado, ao xeito dos vellos cadernos…

Máis

Hora

(Venres) 10:00 - 14:00(GMT+02:00)