xullo, 2020

16xul10:0014:00OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: O autorretrato como reflexoPEQUERRECHOS | De balde10:00 - 14:00 Museo Marco

Máis

Detalles do eventos

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.

Todos os martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00.

Para participantes de 6 a 12 anos.

Inscricións: Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Sesión 1: (8 xullo) Chans e paredes. Estrutura, apariencia e formas xeométricas no espazo.

Sesión 2: (9 xullo) Pegadas de persoas en espazos interiores/exteriores. Exposición Yolanda Herranz.

Sesión 3: (10 xullo) Contacontos: “As luces que se acenden e se apagan”

Sesión 4: (14 xullo) A cada quen a súa máscara

Sesión 5: (15 xullo) Paisaxes que soan. Exposición Manuel Colmeiro

Sesión 6: (16 xullo) O autorretrato como reflexo. Retratos de luz. Exposición Yolanda Herranz.

A partir da serie Autorretratos, de Yolanda Herranz, nesta sesión exploraremos a idea do retrato a través da luz. Materiais específicos e transparencias axudarannos a crear a nosa propia galería visual.

Sesión 7: (17 xullo) Historias sen imaxes

Hora

(Xoves) 10:00 - 14:00

Localización

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X