OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN: Contacontos 'As luces que se acenden e se apagan'
Detalles do eventos
Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en
Detalles do eventos
Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.
Todos os martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00.
Para participantes de 6 a 12 anos.
Inscricións: Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Sesión 1: (8 xullo) Chans e paredes. Estrutura, apariencia e formas xeométricas no espazo.
Sesión 2: (9 xullo) Pegadas de persoas en espazos interiores/exteriores. Exposición Yolanda Herranz.
Sesión 3: (10 xullo) Contacontos: “As luces que se acenden e se apagan”
Relatos e comunicación
A partir dunha sesión de contacontos teatralizada, baseada no libro As luces que se acenden e se apagan, de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka), a relatora introdúcenos nun mundo creativo que nos convida a reflexionar sobre nós, os nosos soños e desexos, e a superación de medos e obstáculos.
Sesión 4: (14 xullo) A cada quen a súa máscara
Sesión 5: (15 xullo) Paisaxes que soan. Exposición Manuel Colmeiro
Sesión 6: (16 xullo) O autorretrato como reflexo. Retratos de luz. Exposición Yolanda Herranz
Sesión 7: Historias sen imaxes
Máis
Hora
10 xullo, 2020 10:00 - 14:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes