
Obradoiro 'O jazz: baile, historia e cultura'
Detalles do eventos
‘O jazz: baile, historia e cultura’ é un proxecto lúdico e didáctico cun punto de partida: achegarnos ao swing como xénero musical e ao lindy hop como baile
Detalles do eventos
‘O jazz: baile, historia e cultura’ é un proxecto lúdico e didáctico cun punto de partida: achegarnos ao swing como xénero musical e ao lindy hop como baile que naceu asociado ao swing. É unha serie de actividades musicais, de movemento, percusión corporal, culturais e históricas que permitirán ter unha idea global sobre este estilo de música e baile. De xeito transversal, o percorrido polas distintas actividades expón temas de inclusividade, igualdade de xénero, empatía, intelixencia emocional, traballo en equipo, etc. Todos eles temas inherentes ao jazz, temática central da actividade.
Para o desenvolvemento da actividade contamos cun equipo multidisciplinar formado por Alba, Elena, Isaac e Jorge, catro profesoras de lindy hop cunha enorme paixón pola música.
O jazz atráenos por moitas cousas, pero tal vez a máis importante é que representa un modelo no que escoitar ás demais que é imprescindible para poder desenvolver unha voz propia e única. E que moitas voces propias e únicas, cada unha co seu estilo, poden mudar o mundo.
Sábado 26 ás 11:00
Inscrición previa no enlace.
A partir das 13h haberá pinchada e vermú swing aberto a quen queira participar
Máis
Hora
26 novembro, 2022 11:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
- Mes actual