BANNER XERAIS

21nov21:3022:45Obradoiro de Tranky DooACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 30,00 €21:30 - 22:45(GMT+01:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

Todos os martes do 7 ao 28 de novembro. Os martes de 21.30h a 22.45h en Simia Coworking (Alfonso XIII, 9 – Vigo)

O Tranky Doo é unha rutina clásica de jazz. Durante algún tempo creuse que a creou o bailarín Pepsi Bethel por este vídeo aparecido no documental Spirit Moves de Mura Dehn. Sen embargo, un debate máis recente lévanos a pensar que foi Frankie Manning que coreografiou por primeira vez esta rutina, que como bo estándar que é, ten sido interpretada por diferentes bailaríns ao longo da historia do jazz, e aínda ata hoxe. 

Outras interpretacións que nos encantan son esta de Al Mins e Leon James, esta dos Whitey’s Lindy Hoppers (Wilda Crawford e Thomas ‘TOPS’ Lee) en Love in Syncopation (1946) ou esta dos Harlem Hot Shots (Fátima Teffahi, Rikard Ekstrand e Sakarías Larson), recomendamos ler a descripción deste vídeo para profundizar na historia do Tranky Doo. 

O curso está dividido en 4 clases de 1h15m nas que aprenderemos a coreografía completan. O curso está aberto a todas as persoas que queiran aprender este Tranky Doo, sexa como primeiro contacto coa rutina, ou sexa para perfeccionala se xa a aprenderon no pasado. Non é necesario ter experiencia en baile jazz. 

Inscrición: 35€ xeral / 30€ alumnado de Swing On en https://forms.gle/NTKfMZF8EeJVgS4N6

Máis

Hora

21 novembro, 2023 21:30 - 22:45(GMT+01:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events