VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido

13out18:00Obradoiro de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquiridoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Vigo pola man da colaboración entre Afundación e a Federación Galega de Dano Cerebral ( FEGADACE ). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia. Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido. Así, FEGADACE presenta un proxecto de colaboración cos Espazos +60 de Afundación en forma de ciclo de obradoiros de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido. A sesión informativa de Vigo vai ter lugar o xoves, día 13 de outubro, a partir das 18:00, no Espazo +60 de Vigo (Policarpo Sanz, 26, 2º andar). Esta serie de sesións informativas organízase en outubro, mes do dano cerebral, co obxectivo de reforzar a prevención dos accidentes de tráfico entre a poboación maior, estendendo a concienciación sobre a dimensión do dano cerebral como consecuencia dos mesmos. Os obradoiros están dirixidos a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é libre e de balde, é preciso inscribirse previamente no 881 943 148.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events